XORNADAS ‘ANTROPOLOXÍA DE/DESDE/EN/PARA GALICIA’ DE AGANTRO

Desde a Asociación Galega de Antropoloxía (Agantro) invítase a titulados e profesionais da antropoloxía a participar nas próximas xornadas “Antropoloxía de/desde/en/para Galicia”, que terán lugar o 14 de Xuño do 2017 no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela), de 10:30 a 14 e de 16:00 a 19:30.

Máis información: http://digital.csic.es/handle/10261/146497

As xornadas están abertas a todas as persoas vencelladas coa profesión antropolóxica, desde calquera eido, ben sexa laboral, profesional ou do activismo. As xornadas perseguen ser unha oportunidade para: 1) coñecer mellor os traballos que dun xeito ou doutro teñan unha relación con Galicia; 2) -re-impulsar a Asociación Galega de Antropoloxía (Agantro) como organización para a defensa da antropoloxía en Galicia e como ferramenta de colaboración e apoio para profesionais vencelladas/os á antropoloxía. A participación nestas xornadas é gratuíta. As persoas interesadas en presentar o seu traballo deben mandar o formulario de inscrición antes do día 30 de Abril. As persoas que queiran participar sin presentar comunicación teñen de prazo ata o 10 de Xuño.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Congresos y jornadas. Guarda el enlace permanente.